domingo, 1 de diciembre de 2013

BAR PACHOCO vs BAR XAROPE/INST. BALEIRÓN

Este sábado 30 de Novembro disputouse a Novena Xornada da Liga Rianxeira de Fútbol Sala Segunda División. Enfrontaronse o Bar Pachoco e o Bar Xarope/Inst. Baleirón. Partido bastante serio, e ben solventado polos compañeiros, sendo o resultado final 1-7. Intentarase seguir xogando ben e esperemos que a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

sábado, 30 de noviembre de 2013

CFS VALGA vs CD LA PEÑA

Este Venres 29 de Novembro disputouse a Séptima xornada de Liga de Fúbol Sala Federada de Pontevedra no Pavillón Municipal de Baño. O CFS Valga enfrontouse ao CD La Peña. Boa actuación do equipo que solventou o choque cun resultado final de 12-4. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

domingo, 24 de noviembre de 2013

BAR XAROPE/INST. BALEIRÓN vs O BARALLÁN

Este sábado 23 de Novembro disputouse a Oitava Xornada da Liga Rianxeira de Fútbol Sala Segunda División. Enfrontaronse o Bar Xarope/Inst. Baleirón vs O Barallán. Partido bastante serio, sendo o resultado final 3-1. Intentarase seguir xogando ben e esperemos que a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

sábado, 23 de noviembre de 2013

CFS VALGA vs 7A9CAFYD

Este Venres 22 de Novembro disputouse a Sexta xornada de liga no Pavillón Municipal de Baño. O CFS Valga enfrontouse ao 7a9CAFYD. Boa actuación do equipo que solventou o choque cun resultado final de 6-1. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

domingo, 17 de noviembre de 2013

GALLAECIA vs BAR XAROPE/INST. BALEIRÓN

Este sábado 16 de Novembro disputouse a Séptima Xornada da Liga Rianxeira de Fútbol Sala Segunda División. Enfrontaronse o Gallaecia vs Bar Xarope/Inst. Baleirón. Partido bastante serio, sendo o resultado final 2-4. Intentarase seguir xogando ben e esperemos que a sorte e os resultados nos acompañen.

jueves, 14 de noviembre de 2013

CDAR XEVE vs CFS VALGA

Este Mercores 13 de Novembro disputouse a Quinta xornada de liga no Pavillón de Xeve. O CFS Valga enfrontouse ao CDAR Xeve. Boa actuación do equipo que solventou un choque difícil cun resultado final de 0-0. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen.

sábado, 9 de noviembre de 2013

CFS VALGA vs XUSTANS FS

Este Venres 8 de Novembro disputouse a Cuarta xornada de liga no Pavillón Municipal de Baño. O CFS Valga enfrontouse ao Xustans FS. Boa actuación do equipo que solventou o choque cun resultado final de 5-2. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

domingo, 3 de noviembre de 2013

BAR TOULIÑA vs BAR XAROPE/INST.BALEIRON

Este sábado 2 de Novembro disputouse a Quinta Xornada da Liga Rianxeira de Fútbol Sala Segunda División. Enfrontaronse o Bar Touliña vs Bar Xarope/Inst. Baleirón. Fixose un partido moi serio, sendo o resultado final 2-3. Intentarase seguir xogando ben e esperemos que a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

jueves, 31 de octubre de 2013

TENORIO FSM vs CFS VALGA

Este Mércores 30 de Outubro o CFS Valga desprazouse ata Cotobade para disputar a Terceira xornada co enfrontamento Tenorio FSM vs CFS Valga. O partido estivo moi disputado e o noso equipo dispuxo de innumerables ocasións sen sorte. O resultado final foi de 3-1. Esperemos seguir xogando ben e ter un pouco máis de sorte noutra ocasión.

sábado, 26 de octubre de 2013

BAR XAROPE/INST.BALEIRON vs BAR LINO

Este sábado 26 de Outubro disputouse a Cuarta Xornada da Liga Rianxeira de Fútbol Sala Segunda División. Enfrontaronse o Bar Xarope/Inst. Baleirón vs Bar Lino. Fixose un partido moi serio, sendo o resultado final 6-0. Intentarase seguir xogando ben e esperemos que a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

viernes, 25 de octubre de 2013

CFS VALGA vs EFS SALNES

Este Venres 25 de Outubro disputouse a Segunda xornada de liga no Pavillón Municipal de Baño. O CFS Valga enfrontouse á EFS Salnés. Boa actuación do equipo que solventou o choque cun resultado final de 5-2. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen.

sábado, 19 de octubre de 2013

DON PANCHO vs BAR XAROPE/INST. BALEIRON

Este sábado 19 de Outubro disputouse a Terceira Xornada da Liga Rianxeira de Fútbol Sala Segunda División. Enfrontaronse o Don Pancho vs Bar Xarope/Inst. Baleirón. O equipo fixo un partido moi bo sendo o resultado final 2-5. Intentarase seguir xogando ben e esperemos que a sorte e os resultados nos acompañen.

POIO FS vs CFS VALGA

Este Venres 18 de Outubro empezou a Liga Provincial/Local Pontevedra 2013-14. O CFS Valga desprazouse ata Poio para disputar a Primeira xornada co enfrontamento Poio FS vs CFS Valga. Boa actuación do equipo que solventou o choque cun resultado final de 0-3. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen.

domingo, 6 de octubre de 2013

BAR XAROPE/INST.BALEIRON vs A LAREIRA

Este sábado 5 de Outubro disputouse a Segunda Xornada da Liga Rianxeira de Fútbol Sala Segunda División. Enfrontaronse o Bar Xarope/Inst. Baleirón vs A Lareira. O equipo fixo un partido bastante bo ainda que o resultado de 5-6 non acompañase. Intentarase seguir xogando ben e esperemos que a sorte e os resultados nos acompañen.

domingo, 29 de septiembre de 2013

BAR XAROPE/INST.BALEIRON vs O SUN

Este sábado 28 de Setembro empezou a Liga Rianxeira de Fútbol Sala Segunda División. Disputouse a Primeira Xornada co enfrontamento Bar Xarope/Inst. Baleirón vs O Sun. Boa actuación do equipo que solventou o choque cun resultado final de 6-0. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen.

lunes, 15 de julio de 2013

III TORNEO DE FUTBOL SALA EN VALGA





Resultados do III Torneo de Fútbol Sala organizado polo Club de Fútbol Sala Valga coa colaboración do Concello de Valga
1º Locomotiv - Catoira
2º Charanga Mecánica - Bertamiráns
3º La Favorita - Valga
4º Boca Juniors - Cuntis
Máximo Goleador: Félix - Charanga Mecánica
Porteiro menos goleado: Sergio Refojo - Locomotiv
A organización quere agradecer ao Concello de Valga pola súa colaboración, ás empresas colaboradoras que nos axudaron e a todolos participantes e público asistente ao Torneo.
Saúdos e gracias a todos e esperamos vervos na próxima edición.
C.F.S. VALGA




sábado, 1 de junio de 2013

PLAYAS DE PONTEVEDRA FS vs CFS VALGA

Este Venres31 de Maio disputouse no Pavillón Municipal de Mosteiro-Meis o partido correspondente a Xornada 26, entre os equipos  Playas de Pontevedra FS e CFS Valga. Foi un partido moi disputado no que todo o mundo se empregou a fondo. O resultado final foi de 1-2.

viernes, 24 de mayo de 2013

CFS VALGA vs ENM MARIN

Este Xoves 24 de Maio disputouse no Pavillón Municipal de Baño - Valga o partido correspondente a Xornada 25, entre os equipos  CFS Valga e a ENM de Marín. Foi un partido moi disputado no que todo o mundo se empregou a fondo. O resultado final foi de 6-5.

martes, 21 de mayo de 2013

XUSTANS FS vs CFS VALGA

Este Luns 20 de Maio disputouse no Pavillón de Montecarrasco - Marcón o partido atrasado da Xornada 17, entre os equipos  Xustans FS  e CFS Valga. O resultado final foi de 3-5.

jueves, 16 de mayo de 2013

GRUPO 7 a 9 C.A.F.Y.D. - CFS VALGA

Este Mércores 15 de Maio disputouse no Pavillón de Lourido  a Xornada 24, entre os equipos  Grupo 7 a 9 C.A.F.Y.D.  e CFS Valga. O resultado final foi de 1-2.

viernes, 15 de marzo de 2013

OITAVOS TERRAS DE IRIA II: LA FAVORITA/C.SONEIRA - O ROSSOL

Este Xoves 14 de Marzo no Pavillón de A Escravitude, disputouse o segundo partido de oitavos, entre os equipos  La Favorita/C.Soneira e O Rossol. O resultado final foi de 3-1. Intentaremos seguir mellorando e que a sorte nos acompañe.

sábado, 9 de marzo de 2013

OITAVOS TERRAS DE IRIA I: O ROSSOL – LA FAVORITA/C.SONEIRA

Este Venres 8 de Marzo no Pavillón de Rois, disputouse o primeiro partido de oitavos, entre os equipos O Rossol e La Favorita/C.Soneira. O resultado final foi de 2-2. Intentaremos mellorar e esperamos que a sorte nos acompañe.

miércoles, 6 de marzo de 2013

PLAY OFF TERRAS DE IRIA

Como quedamos cuartos na clasificación do Grupo A do Campionato de Terras de Iria temos que enfrontarnos ao quinto do Grupo B. Os horarios son os seguintes:

VENRES 8 MARZO EN ROIS
21:40h: O ROSSOL – LA FAVORITA CONS SONEIRA

XOVES 14 MARZO NA ESCRAVITUDE
21:40h: LA FAVORITA CONS SONEIRA – O ROSSOL

Esperamos facer uns bos partidos e que a sorte nos acompañe.

martes, 5 de marzo de 2013

MUDANZAS CRESPONTE vs CFS VALGA

Este Luns 4 de Marzo no Pavillón de Montecarrasco - Marcón, disputouse o partido da decimoquinta xornada da liga, entre os equipos Mudanzas Cresponte e CFS Valga. O resultado final foi de 2-4. Intentaremos mellorar e esperamos que a sorte nos acompañe.

DISPEMARCA vs LA FAVORITA/C.SONEIRA

Este Luns 4 de Marzo no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse o partido da decimosexta xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas de Reis, entre os equipos Recreativo de Juerga e La Favorita - C. Soneira. O resultado final foi de 2-1. Intentaremos mellorar e esperamos que a sorte nos acompañe.

sábado, 2 de marzo de 2013

CFS VALGA - CDAR XEVE

Este Venres 22 de Febreiro disputouse no Pavillón Municipal de Baño  o partido correspondente a Xornada 14, entre os equipos CFS Valga e CDAR Xeve. O partido foi bastante disputado, podendo gañalo calquera dos dous equipos. Finalmente o líder da competición levouse os tres puntos ao gañar 3-4.

martes, 26 de febrero de 2013

R.JUERGA vs LA FAVORITA/C.SONEIRA

Este Luns 25 de Febreiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse o partido da decimoquinta xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas de Reis, entre os equipos Recreativo de Juerga e La Favorita - C. Soneira. O resultado final foi de 5-1. Intentaremos mellorar e esperamos que a sorte nos acompañe.

lunes, 25 de febrero de 2013

BALANCE E CLASIFICACIÓN TERRAS DE IRIA

Acabamos a liga regular na cuarta posición con 13 puntos, 4 partidos gañados, 1 empatado e 3 perdidos, 26 goles a favor e 30 en contra. Pasamos a xogar os play-off, no que nos enfrontaremos co equipo O ROSSOL o venres 8 de marzo ás 21:40 en Rois e o Xoves 14 de marzo ás 21:40 na Escravitude. Esperamos facer bo xogo, pasalo ben e que a sorte nos acompañe.

sábado, 23 de febrero de 2013

CFS VALGA - PLAYAS PONTEVEDRA F.S.

Este Venres 22 de Febreiro disputouse no Pavillón Municipal de Baño  o partido correspondente a Xornada 13, entre os equipos CFS Valga e Playas de Pontevedra F.S. O partido escomenzou realmente mal para os locais, xa que debido a un par de fallos encaixaron un 0-4, cando ainda non trascorreran 10 min da primeira parte. Solicitamos entón un tempo morto e a partir dahí sacando casta fíxose un partido moi disputado. Gran actuación de todos e cada un dos compañeiros, os que xogaron moitos minutos, os que xogaron poucos e os que non xogaron, xa que impulsados polos animos de todos e máis do público asistente, conseguimos darlle a volta ó marcador cun resultado final de 5-4.

miércoles, 20 de febrero de 2013

LA FAVORITA/C.SONEIRA vs R.CARBAJAL

Este Martes 19 de Febreiro no Pavillón Municipal de Rois, disputouse a novena e última xornada regular do Campeonato de Futbol-Sa Terras de Iria, entre os equipos La Favorita/C. Soneira e Recambios Carbajal . O partido logo se nos puxo de cara cun arranque bastante bo cun 4-0 no inicio, pero a relaxación dos nosos xogadores propiciou que o contrario acurtase ata poñerse 4-3. Logo do tempo morto solicitado, o equipo volveu ser o que era e acadou un resultado final de 8-3.

martes, 19 de febrero de 2013

CAF.TERMAS vs LA FAVORITA/C.SONEIRA

Este Luns 18 de Febreiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse o partido da decimocuarta xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas de Reis, entre os equipos Cafetería Termas e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi igualado, decidindose nun par de accións favorables aos locais. O resultado final foi de 3-0. Intentaremos mellorar e veremos se a sorte nos acompaña.

viernes, 15 de febrero de 2013

CFS VALGA - SAN ROQUE F.S.

Este Xoves 14 de Febreiro disputouse no Pavillón Municipal de Baño  o partido aprazado correspondente a Xornada 8, entre os equipos CFS Valga e SAN ROQUE FS. O partido foi bastante disputado por ambolos dous equipos, con xogadas ben trenzadas e goles bonitos. O resultado final foi de 6-4. Esperamos facer bo xogo, ter sorte e que os resultados nos acompañen en vindeiros encontros.

jueves, 14 de febrero de 2013

BALANCE E CLASIFICACIÓN CALDAS DE REIS


Acabamos a primeira volta na cuarta posición con 21 puntos, 7 partidos gañados e 4 perdidos, 39 goles a favor e 35 en contra. Consideramos que ainda hai marxe de mellora e esperamos facer bo xogo, ter sorte e que os resultados nos acompañen.

miércoles, 13 de febrero de 2013

NEUMATICOS PIÑEIRO vs LA FAVORITA/C.SONEIRA

Este Martes 12 de Febreiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse o partido aprazado do Campeonato de Futbol-Sa Terras de Caldas de Reis, entre os equipos Neumáticos Piñeiro e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi disputado, nunha pista bastante resbaladiza con consecuencias bastante malas para un xogador do Neumáticos Piñeiro, o cal nunha disputa dun balón bateu coa parede abrindo unha brecha nunha cella, tendo que levar puntos. Neses momentos perdiamos 1-0 e nesa xogada o árbitro decidiu pitar penalti. O parón do xogo non nos beneficiou e chegamos a ir perdendo 4-0. Sen embargo sacando forzas de onde non as había conseguimos pornos 4-3, pero finalmente o resultado foi de 7-4 para o Neumáticos Piñeiro.

P.D.: DENDE O C.F.S. VALGA DESEXÁMOSLLE UNHA PRONTA RECUPERACIÓN AO COMPAÑEIRO LESIONADO DO NEUMÁTICOS PIÑEIRO. 

martes, 12 de febrero de 2013

MAYACOS vs LA FAVORITA/C.SONEIRA

Este Luns 11 de Febreiro no Pavillón Municipal de Dodro, disputouse a oitava xornada do Campeonato de Futbol-Sa Terras de Iria, entre os equipos Mayacos e La Favorita - C. Soneira. O noso equipo, lastrado polas lesións e coa xente xusta, dou a cara en todo momento. Sen embargo co transcurso dos minutos o cansancio fixo aparición e acabamos sucumbindo cun contundente 7-0. Esperamos a pronta recuperación dos nosos compañeiros para polo menos dar un pouco máis de guerra. 

domingo, 10 de febrero de 2013

BALANCE E CLASIFICACIÓN RIANXO


Rematada a Primeira Volta en Rianxo, os nosos compañeiros atópanse na quinta posición con 23 puntos, cun balance de 7 victorias, 2 empates e 4 derrotas, 38 goles a favor e 27 en contra. Esperemos que, o bo xogo, a sorte e os resultados acompañen.

sábado, 9 de febrero de 2013

CASTELAO vs I.BALEIRON/P.FCO.POTEL

Este sábado 9 de Febreiro disputouse a Xornada 14 da Liga Rianxeira de Fúbol Sala Segunda División, entre os equipos Castelao eInst. Baleirón/P. Fco. Potel. Boa actuación dos nosos compañeiros que solventaron o choque cun resultado final de 0-6. Esperemos que continuen xogando be, sigan tendo sorte e lles acompañen os resultados.

viernes, 8 de febrero de 2013

LA FAVORITA/C.SONEIRA vs ANTREASMATAS

Este Xoves 7 de Febreiro no Pavillón Municipal de A Escravitude, disputouse a sétima xornada do Campeonato de Futbol-Sa Terras de Iria, entre os equipos La Favorita - C. Soneira e Antrasmatas. O partido foi moi disputado e con boas xogadas dos dous equipos. Adiantouse o Antrasmatas no minuto 1 e despois defendeuse bastante ben, xa que non encaixaron ningún gol. Faltando 3 minutos para o final aumentaron a súa vantaxe. O resultado foi de 0-2. Esperamos que  a sorte que hoxe nos faltou, nos acompañe noutra ocasión. Esperamos que os nosos compañeiros lesionados se recuperen o máis axiña posible. 

miércoles, 6 de febrero de 2013

CARRACEDO F.S. vs LA FAVORITA-C.SONEIRA

Este Martes 5 de Febreiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse a decimoterceira xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas, entre os equipos Carracedo F.S. e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi disputado e con boas xogadas dos dous equipos. O resultado foi de 3-4. Esperamos que a sorte nos acompañe e seguir mellorando. 

martes, 5 de febrero de 2013

ENM MARIN - CFS VALGA

Este Luns 4 de Febreiro no Pavillón da Escola Naval Militar de Marín, disputouse a duodécima xornada de liga, entre os equipos ENM Marín e CFS Valga. Ó equipo costoulle adaptarse á pista e encaixamos tres goles moi pronto. Sen embargo, logo de tomarlles as medidas á cancha, recortamos diferencias poñéndonos 3-2. Despois veu un gol que non tiña que valer, xa que foi claramente coas mans, pero ao que o arbitro dou validez, xa que dixo que non apreciara a infracción. Volvemos recortar poñendonos de novo 4-3 e cando estaba máis preto o empate caeunos 1 gol no último suspiro. O resultado ainda que desfavorable de 5-3, deixou boas sensacións no equipo. Esperamos ter un pouco máis de sorte noutra ocasión e seguir mellorando.

jueves, 31 de enero de 2013

T.I.T.I HERBOGO vs LA FAVORITA-C.SONEIRA

Este Xoves 31 de Xaneiro no Pavillón Municipal de A Escravitude, disputouse a sexta xornada do Torneo Intermunicipal Terras de Iria entre os equipos Herbogo e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi disputado e igualado ata que os nosos o finiquitaron en tres xogadas de tiralineas, sendo o resultado final de 2-5. 

miércoles, 30 de enero de 2013

CFS VALGA - GRUPO7A9/CAFYD

Este Mércores 30 de Xaneiro tíñase que disputar no Pavillón Municipal de Baño a Xornada 10, entre os equipos CFS Valga e Grupo7a9/CAFYD. Deciduse aprazar o partido debido á humidade na pista, quedando indeterminada a nova data do encontro. Este ano as humidades non dan tregua aos pavillóns.

lunes, 28 de enero de 2013

LA FAVORITA-C.SONEIRA vs BEER HACHINE

Este Luns 28 de Xaneiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse a duodécima xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas, entre os equipos La Favorita - C. Soneira e Beer Hachine. O partido foi moi disputado e igualado, con boas xogadas dos dous equipos e decidiuse faltando pouco para o final. O resultado ainda que desfavorable de 0-1, deixou boas sensacións no equipo. Esperamos ter un pouco máis de sorte noutra ocasión e seguir mellorando. 

sábado, 26 de enero de 2013

INST. BALEIRÓN/P. FCO. POTEL vs P. O COSTILLAR

Este sábado 26 de Xaneiro disputouse a Xornada 13 da Liga Rianxeira de Fúbol Sala Segunda División, entre os equipos Inst. Baleirón/P. Fco. Potel e Parrillada O Costillar. Brillante actuación dos nosos representantes nesa Liga que fixeron un partido moi serio cun resultado final de 4-1. Esperemos que sigan tendo sorte e lles acompañen os resultados.

viernes, 25 de enero de 2013

TENORIO FSM - CFS VALGA

Este Venres 25 de Xaneiro tíñase que disputar no Pavillón de Tenorio a Xornada 9, entre os equipos Tenorio FSM e  CFS Valga. O árbirtro decidiu aprazar o partido debido á humidade na pista, quedando indeterminada a nova data do encontro.

lunes, 21 de enero de 2013

XORNADAS DE DESCANSO

Esta semana do 21 ao 24 de Xaneiro tócanos descansar no Torneo Intermunicipal Terras de Iria e no Campeonato de Futbol-Sa de Caldas de Reis. 

viernes, 18 de enero de 2013

N. PIÑEIRO vs LA FAVORITA-C.SONEIRA

O Xoves 17 de Xaneiro tíñase que disputar no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, o partido correspondente á décima xornada de liga entre os equipos Neumáticos Piñeiro e La Favorita-C. Soneira. Sen embargo o partido foi aprazado por atoparse en mal estado para a práctica do futsal debido á humidade. O comité estudirá unha nova data que lles será comunicada ós equipos.

miércoles, 16 de enero de 2013

T.I.T.I SERV. ESTACIÓN vs LA FAVORITA-C.SONEIRA

Este Martes 15 de Xaneiro no Pavillón Municipal de Rois, disputouse a cuarta xornada do Torneo Intermunicipal Terras de Iria entre os equipos Servicios Estación e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi disputado e con boas xogadas dos dous equipos. O resultado final foi de 6-8.

viernes, 11 de enero de 2013

ASEMEGA vs LA FAVORITA-C.SONEIRA

Este Xoves 10 de Xaneiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse a novena xornada da Liga entre os equipos Asemega e La Favorita - C. Soneira. O resultado final foi de 2-4. Esperamos seguir mellorando e que os resultados acompañen.

T.I.T.I LA FAVORITA-C.SONEIRA vs CAFET. M3

Este Xoves 10 de Xaneiro no Pavillón Municipal de A Escravitude, disputouse a terceira xornada do Torneo Intermunicipal Terras de Iria entre os equipos La Favorita - C. Soneira e Cafetería M3. O resultado final foi de 3-3. Esperamos seguir mellorando e que os resultados acompañen.

CFS VALGA - SAN ROQUE F.S.

Este Mércores 9 de Xaneiro tíñase que disputar no Pavillón de Baño  a Xornada 8, entre os equipos CFS Valga e SAN ROQUE FS. O árbirtro decidiu aprazar o partido debido á humidade na pista, quedando indeterminada a nova data do encontro.