lunes, 29 de junio de 2015

I TORNEO ANTONIO SUÁREZ DE MARÍN

O CFS Valga na súa categoría Cadete, participou neste fin de semana no I Torneo Antonio Suárez en Marín. Clasificouse para a final do domingo logo de gañar os partidos contra a E D Marín e a EF do Morrazo. Na final disputada o domingo o noso equipo caeu fronte ao Leis Pontevedra FS. Felicitamos dende aquí a todolos nosos xogadores, corpo técnico, directiva, patrocinadores, pais e público en xeral que nos acompañou e á ED Marín agradecémoslle a invitación. FORZA VALGA!!!