jueves, 31 de enero de 2013
T.I.T.I HERBOGO vs LA FAVORITA-C.SONEIRA
Este Xoves 31 de Xaneiro no Pavillón Municipal de A Escravitude, disputouse a sexta xornada do Torneo Intermunicipal Terras de Iria entre os equipos Herbogo e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi disputado e igualado ata que os nosos o finiquitaron en tres xogadas de tiralineas, sendo o resultado final de 2-5.
miércoles, 30 de enero de 2013
CFS VALGA - GRUPO7A9/CAFYD
Este Mércores 30 de Xaneiro tíñase que disputar no Pavillón Municipal de Baño a Xornada 10, entre os equipos CFS Valga e Grupo7a9/CAFYD. Deciduse aprazar o partido debido á humidade na pista, quedando indeterminada a nova data do encontro. Este ano as humidades non dan tregua aos pavillóns.
lunes, 28 de enero de 2013
LA FAVORITA-C.SONEIRA vs BEER HACHINE
Este Luns 28 de Xaneiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse a duodécima xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas, entre os equipos La Favorita - C. Soneira e Beer Hachine. O partido foi moi disputado e igualado, con boas xogadas dos dous equipos e decidiuse faltando pouco para o final. O resultado ainda que desfavorable de 0-1, deixou boas sensacións no equipo. Esperamos ter un pouco máis de sorte noutra ocasión e seguir mellorando.
sábado, 26 de enero de 2013
INST. BALEIRÓN/P. FCO. POTEL vs P. O COSTILLAR
Este sábado 26 de Xaneiro disputouse a Xornada 13 da Liga Rianxeira de Fúbol Sala Segunda División, entre os equipos Inst. Baleirón/P. Fco. Potel e Parrillada O Costillar. Brillante actuación dos nosos representantes nesa Liga que fixeron un partido moi serio cun resultado final de 4-1. Esperemos que sigan tendo sorte e lles acompañen os resultados.
viernes, 25 de enero de 2013
TENORIO FSM - CFS VALGA
Este Venres 25 de Xaneiro tíñase que disputar no Pavillón de Tenorio a Xornada 9, entre os equipos Tenorio FSM e CFS Valga. O árbirtro decidiu aprazar o partido debido á humidade na pista, quedando indeterminada a nova data do encontro.
lunes, 21 de enero de 2013
XORNADAS DE DESCANSO
Esta semana do 21 ao 24 de Xaneiro tócanos descansar no Torneo Intermunicipal Terras de Iria e no Campeonato de Futbol-Sa de Caldas de Reis.
viernes, 18 de enero de 2013
N. PIÑEIRO vs LA FAVORITA-C.SONEIRA
O Xoves 17 de Xaneiro tíñase que disputar no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, o partido correspondente á décima xornada de liga entre os equipos Neumáticos Piñeiro e La Favorita-C. Soneira. Sen embargo o partido foi aprazado por atoparse en mal estado para a práctica do futsal debido á humidade. O comité estudirá unha nova data que lles será comunicada ós equipos.
miércoles, 16 de enero de 2013
T.I.T.I SERV. ESTACIÓN vs LA FAVORITA-C.SONEIRA
Este Martes 15 de Xaneiro no Pavillón Municipal de Rois, disputouse a cuarta xornada do Torneo Intermunicipal Terras de Iria entre os equipos Servicios Estación e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi disputado e con boas xogadas dos dous equipos. O resultado final foi de 6-8.
sábado, 12 de enero de 2013
viernes, 11 de enero de 2013
ASEMEGA vs LA FAVORITA-C.SONEIRA
Este Xoves 10 de Xaneiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse a novena xornada da Liga entre os equipos Asemega e La Favorita - C. Soneira. O resultado final foi de 2-4. Esperamos seguir mellorando e que os resultados acompañen.
T.I.T.I LA FAVORITA-C.SONEIRA vs CAFET. M3
Este Xoves 10 de Xaneiro no Pavillón Municipal de A Escravitude, disputouse a terceira xornada do Torneo Intermunicipal Terras de Iria entre os equipos La Favorita - C. Soneira e Cafetería M3. O resultado final foi de 3-3. Esperamos seguir mellorando e que os resultados acompañen.
CFS VALGA - SAN ROQUE F.S.
Este Mércores 9 de Xaneiro tíñase que disputar no Pavillón de Baño a Xornada 8, entre os equipos CFS Valga e SAN ROQUE FS. O árbirtro decidiu aprazar o partido debido á humidade na pista, quedando indeterminada a nova data do encontro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)