domingo, 28 de diciembre de 2014

CADRO FINAL DO I TROFEO CUADRANGULAR DE FÚTBOL SALA EN VALGA

Este Venres 26 e Sábado 27 viviuse no Pavillón Municipal de Baño - Valga, unha auténtica festa do futsal. O Cadro Final foi o seguinte:
Categoría Cadete:
1º SANTIAGO FUTSAL
2º C.F.S. VALGA
Categoría Senior:
1º C.F.S. VALGA
2º STELLAE F.S.
3º CARRIL F.S.
4º E.F.S. SALNÉS
A organización quere agradecer a todos os equipos participantes, polo gran xogo ofrecido. Pedir desculpas polos erros que puidesemos cometer e esperamos vervos de novo en vindeiras edicións.
Gracias e Feliz Ano Novo.

domingo, 9 de noviembre de 2014

Cadete C.F.S. VALGA vs E.F.B. TERRA DE MONTES

Este Sábado 8 de Novembro, disputouse a Segunda Xornada de Liga Cadete no Pavillón Municipal de Beiro-Valga. O CFS Valga enfrontouse ao equipo E.F.B. Terra de Montes. O Partido foi bastante disputado e os dous equipos dérono todo sobre a pista. Finalmente os nosos rapaces caeron pola mínima 1-2. Esperemos seguir pasandoo fenomenal, ter un chisco máis de sorte e continuar xogando ben, así os bos resultados non tardarán en chegar.

SENIOR C.F.S. VALGA vs CANÓN DE PAU F.S.

Este Venres 7 de Novembro, disputouse a Terceira Xornada de Liga Senior no Pavillón Municipal de Baño-Valga. O CFS Valga enfrontouse ao Canón de Pau F.S. Partido bastante controlado que o equipo solventou cun resultado final de 6-2. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

domingo, 2 de noviembre de 2014

Senior TULA F.S. vs C.F.S. VALGA

Este Sábado 1 de Novembro, disputouse a Segunda Xornada de Liga Senior no Pavillón de Carril - Vilagarcía de Arousa. O CFS Valga enfrontouse ao Tula FS, un equipo novo na categoría no que nos puidemos encontrar cos antigos compañeiros que militaron no noso equipo, Chadas e Ricar. Partido complicado no que o equipo solventou o choque cun resultado final de 1-3. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

Cadete E.D. POIO PESCAMAR B F.S. vs C.F.S. VALGA

Este Sábado 1 de Novembro, disputouse a Primeira Xornada de Liga Cadete no Pavillón da Seca - Poio. O CFS Valga debutaba na categoría frente ao POIO B FS. Partido bastante disputado que finalizaou cun empate 2-2. Esperemos seguir pasandoo fenomenal, que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen.

sábado, 25 de octubre de 2014

FESTA DO FÚTBOL SALA EN VALGA

Hoxe sábado 25/10/2014 viviuse unha auténtica festa do Fútbol Sala no Pavillón Municipal de Valga, durante a presentación do Equipo Cadete. A directiva do C.F.S. Valga quere agradecer a colaboración desinteresada do Santiago Futsal, e en especial dos adestradores Mareque, Mon Barreiro e Alberto. Asi como a colaboración na xestión de Alberto Piñeiro e a Chechu o adestrador da S.D. Milladoiro. Agradecemos a todo o público asistente e por suposto a participación de tódolos nenos e colaboradores varios que fixeron posible este evento.

Sempre FutSal!!!

C.F.S. VALGA vs S.BALSEIROS/CAMPAÑÓ

Este Venres 24 de Outubro disputouse a Primeira Xornada de Liga Senior no Pavillón Municipal de Baño-Valga. O CFS Valga enfrontouse ao Balseiros/Campañó. Partido moi disputado no que o noso equipo solventou o choque cun resultado final de 4-2. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.

domingo, 28 de septiembre de 2014

I TROFEO CUADRANGULAR VILA DE PADRÓN

O C.F.S. Valga, xunto con varios equipos da redonda, foi invitado a formar parte do Combinado Salnés/Barbanza que participou no I Trofeo Cuadrangular Vila de Padrón.

Nos seguintes enlaces podedes ver uns resúmenes dos resultados.

I Trofeo Cuadrangular Vila de Padrón

Resultados Venres:
Resultados I xornada e horarios II xornada - I Trofeo Cuadrangular "Vila de Padrón" - 2014

1° Semifinal
Noia F.S. [13 - 0] Combinado Barbanza / Salnés

2° Semifinal
Stellae F.S [2-4] Leis F.S.

Horarios Sábado dia 27

3° e 4° Posto - 18:00 horas
Stellae F.S - Combinado Barbanza / Salnés

Final Prebenxamín - 19:30
C.D.Rois - C. D. Dodro

Gran Final - 20:15
Noia F.S. - Leis F.S.


Resultados Sábado:

Resultados e Cadro Final do I Trofeo Cuadrangular "Vila de Padrón" - 2014

Encontro polo 3° e 4° posto
Stellae F.S. [3 - 4] Combinado Barbanza / Salnés

Final Prebanxamíns
C.D. Rois [2 -0] C.D. Dodro

Final
Noia F.S. [0 - 0] Leis F.S.

O campión se decide nunha tanda de lanzamentos dende o punto de penalti.
Ao mellor de tres lanzamentos: Empate
Ao penalti errado: Campión Leis F.S.

Gañador final: LEIS F.S.

Dar as gracias a todos os equipos participantes polo gran espectáculo ofrecido e a noraboa ao Noia F.S. e Leis F.S. pola magnífica final ofrecida e máxima igualdade, que se tivo que dirimir na segunda tanda de penaltis.


Dende o C.F.S. Valga agradecemos a invitación ao Stellae F.S., por darnos a oportunidade de participar no evento.

sábado, 6 de septiembre de 2014

AMISTOSO 3 DE PRETEMPORADA CFS VALGA vs CUNTIS FS

Hoxe sábado disputouse outro dos amistosos de pretemporada. No Pavillón Municipal de Valga enfrontamonos ao Cuntis FS. O partido serviu para observar detalles que xa empezan a sair e ver aspectos nos que mellorar.

Video:

lunes, 21 de julio de 2014

IV TORNEO DE FÚTBOL SALA EN VALGA


Resultados do IV Torneo de Fútbol Sala organizado polo Club de Fútbol Sala Valga coa colaboración do Concello de Valga e a Deputación de Pontevedra.
1º Aluminios Padrón
2º Stellae FS - Padrón
3º Lokomotiv de Catoira
4º Santana FS - Valga
Máximo Goleador: Bruno Gómez - Lokomotiv
Porteiro menos goleado: J. Antonio Pichel - Lokomotiv
A organización quere agradecer ao Concello de Valga e a Deputación de Pontevedra pola súa colaboración, ás empresas colaboradoras que nos axudaron e a todolos participantes e público asistente ao Torneo.
Saúdos e gracias a todos e esperamos vervos na próxima edición.
C.F.S. VALGA















sábado, 26 de abril de 2014

MUDANZAS CRESPONTE FS vs CFS VALGA

Este Venres 25 de Abril disputouse a última xornada de liga no Pavillón Municipal de Montecarrasco en Marcón. O CFS Valga enfrontouse ao Mudanzas Cresponte F.S. de Marcón. Fíxose un encontro moi serio no que o resultado final foi de 3 - 8. Rematamos así esta liga 3º. Agora a dedicarnos á Copa.

sábado, 12 de abril de 2014

BAR XAROPE/INST. BALEIRÓN vs O CURRAL DO MARQUÉS

Este sábado 12 de abril disputouse a última xornada da 2ª División de LFS Rianxeira. Enfrontáronse o Bar Xarope/Instalaciones Baleirón contra o Curral do Marqués. O resultado foi un claro 9-2. Consíguese gañar a liga como primeiros clasificados, posto que o ascenso a 1ª División xa estaba asegurado. NORABOA!!!



viernes, 31 de enero de 2014

CFS VALGA vs POIO FS (SUSPENDIDO NO MIN. 20 1ª PARTE)

Este Xoves 30 de Xaneiro estaba previsto que se disputase a duodécima xornada de liga e primeira da segunda volta, no Pavillón Municipal de Baño, sen embargo cando faltaban 5 minutos para terminar a primeira parte o árbitro decretou a suspensión do partido debido á condensación. O CFS Valga enfrontábase ao Poio F.S. e o resultado parcial é de 1-0. Cando o Comité decida procederase ao remate do encontro.
Para a seguinte xornada o CFS Valga desprázase ata Vilagarcía, donde no Pavillón de Carril se enfrontará á EFS Salnés o día 7 de Febreiro ás 22:00. 

viernes, 24 de enero de 2014

CFS VALGA vs MUDANZAS CRESPONTE FS

Este Xoves 23 de Xaneiro disputouse a undécima e última xornada de liga da primeira volta, no Pavillón Municipal de Baño. O CFS Valga enfrontouse ao Mudanzas Cresponte F.S. de Marcón. Fíxose un encontro moi serio no que o resultado final foi de 7 - 2. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados. 
Para a seguinte xornada comeza a segunda volta do campionato e o CFS Valga recibe no Pavillón Municipal de Baño ao POIO F.S., o día 30 de Xaneiro ás 21:30. 

viernes, 17 de enero de 2014

BALSEIROS/CAMPAÑÓ FS vs CFS VALGA

Este Xoves 16 de Xaneiro disputouse a Décima xornada de liga no Pavillón de Montecarrasco por estar impracticable a pista do Pavillón do Mosteiro. O CFS Valga enfrontouse ao Balseiros/Campañó. Boa actuación do equipo que solventou o choque cun resultado final de 2-3. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.
Para a seguinte xornada o CFS Valga enfrontarase no Pavillón Municipal de Baño, ao equipo Mudanzas Cresponte FS o Xoves día 23 de Xaneiro ás 21:30.

sábado, 11 de enero de 2014

CFS VALGA vs SAN ROQUE F.S.

Este Venres 10 de Xaneiro disputouse a Novena xornada de liga no Pavillón Municipal de Baño. O CFS Valga enfrontouse ao San Roque F.S. de Vilagarcía. O partido foi moi disputado e decidiuse nos instantes finais.O resultado final foi de 4-3. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados. 
Para a seguinte xornada o CFS Valga desprázase ata o Pavillón do Mosteiro, para enfrontarse ao equipo Balseiros/Campañó o día 16 de Xaneiro ás 22:00.